Percorrer Oia sobre dúas rodas é unha forma diferente de coñecer o seu territorio, combinando deporte, paisaxe e cultura.

Os roteiros cicloturistas atravesan aldeas, montes e camiños xunto ao mar, ofrecendo vistas espectaculares e unha experiencia de plena conexión coa contorna.

O cicloturismo en Oia permite desfrutar tanto de percorridos tranquilos como de esixentes roteiros de montaña. Un destino ideal para pedalear ao ritmo do Atlántico e descubrir, quilómetro a quilómetro, a beleza natural e o patrimonio rural do municipio.

Imagen Descripción

Cicloturismo