• Igrexas e capelas

San Mamede de Pedornes

Descobre unha igrexa histórica ligada a un antigo mosteiro, cun escudo magnífico e retablos interesantes. Admira un grupo de cruceiros antigos no atrio.

Información
básica

  • Lugar, 89, 36309 Pedornes, Pontevedra

A historia da igrexa está intimamente ligada ao mosteiro de Oia. No ano 1137 a igrexa foi doada por Alfonso VII ao mosteiro e doce anos despois foi doado toda a vila de Pedornes. Douscentos anos despois, cando pertencía de novo ao Obispado de Tui, serviu como cambio entre a diocese e o mosteiro, que a cambio entregou as parroquias de Estás, Forcadela e outras dúas en Portugal. Aínda que pertencía ao mosteiro, esta igrexa servía como parroquial, xa que Oia non tivo consideración de parroquia ata o ano 1841, en que é constituída polo bispo Francisco García Casarrubios e Melgar, quen posteriormente, no mesmo ano, constitúea como parroquia totalmente independente.

Do primitivo templo non quedan restos, aínda que polas trazas, podería ocupar a nave actual.Así, nela podemos atopar un magnífico escudo do mosteiro debaixo dunha lenda que lembra o ano 1736, data na que se restaurou. No interior podemos admirar interesantes retablos e no atrio consérvase un grupo de cruceiros que pertencían a unha antigo vía-crucis.