Esta igrexa parroquial achéganos aos dous pasados de esplendor da arte galega, o románico e o barroco. Poucas son as igrexas románicas que chegaron ata nós sen engadidos barrocos. En Santa Uxía únense ambos os estilos, o románico nalgunhas pezas esculpidas, como o carneiro do seu cume, e o barroco, na profunda reforma da súa fachada de finais do XVII e nos retablos do seu interior.
A igrexa de Mougás tamén foi doada ao mosteiro de Oia en 1137 co nome de igrexa de “Mogaes”. Non o seu interior, no retablo maior, pódense observar a San Pedro e San Paulo, así como Santa Uxía, San Bernardo, San Francisco e San Fernando. Nas capelas laterais están os retablos do Rosario e do Carme, con San Antón e San Bieito.
Sta. Uxía:strong> Celébrase o 27 de decembro.em>